19.4.20

Audición

Vos propoño unha actividade de audición musical:

Tedes que copiar este esquema na libreta para completalo:



As audicións e as instrucións as tedes no seguinte ebook, cliqueade enriba do debuxo:


1.4.20

Cancións para 6º B de para crear un vídeo.


Tarefa de música para 6º B

1º-Tedes que escoller unha das dúas cancións ( a que mais vos apeteza).
2º-Escoitade a canción e apuntade a letra, para aprendela.
3º-Grabádevos en vídeo cantándoa, podedes disfrazarvos, pintarvos etc.... Podedes facer play back, (mover a boca pero sen voz)
Procurade xesticular moito como se foxe unha obra de teatro.
4º-Mandademe o vídeo ó correo: profemisi@gmail.com

Se o vídeo é moi grande e o voso servidor de correo non vos deixa mandalo, utilizade:

www.webtransfer.com que deixa mandar arquivos de ata de 2Gb.

O que vou facer é unha montaxe con todos os vídeos para logo colgalo no blog de música e mandar un video alegre ós demais compañeiros do cole para que aprendan a letra. 

A música póñoa eu e vos interpretades e nada mais.






Alegría



Etou plof


22.3.20

Audición

A ver se vos gusta a proposta de hoxe:



Coñecedes a alguén deste vídeo?
Podedes aprender a canción.

17.3.20

Tarefas de ritmo

Hola, bo día, a todas e a todos, gustaríame que estas primeiras clases de música online sexan unhas clases un pouco entretidas para que nos fagan pasar esta alerta sanitaria  o máis amena posible polo que vos propoño facer estas actividades de ritmo  que atopei nun blog doutra compañeira de música, e poderedes traballar axudándovos dos videos de youtube.

Recomendacións: Poñede o video e ir traballando cada ritmo ata que salga ben antes de ir ó seguinte. Parade e voltar atrás o vídeo cada vez que vos faga falla.

Se vos custa seguilo podedes probar a cambiar a velocidade de reproducción na configuración do video e o podedes poñer x0,50 e incluso x0,25

Tede en conta que o vídeo non está en espello polo que teremos que darlle a volta ó que vemos, se o movemento vai cara a dereita da pantalla, nos temos que facelo cara a esquerda e viceversa. Coidado sobre todo con que man que pousades despois das palmas, porque ten que ser a esquerda.


Son cinco ritmos, comezade verbalizando as sílabas asociadas e a medida que vos saia, as deixades de decir, isto vos axudará moito.

0:05 – Intro 1: pun pun sa-ca pun-ta

0:14 – Intro 2: pun pun sa-ca pun-ta-zul

0:21 – Ritmo 1: pun pun sa-ca pun-ta ver-de

0:45 – Ritmo 2: pun sa-ca pun-ta-zul e ver-de

1:09 – Ritmo 3: pun sa-ca sa-ca, pun sa-ca, pun-ta sa-ca

1:21 – Posta en escea

O seguinte video é dunha acuación para que vexades o ben que queda. Intentádeo coa primeira parte, non vos agobiedes:



Se estes nenos de 4º de primaria o conseguiron, seguro que vos tamen: